
Contra as 12:20 h. o 112 Galicia activaba un aviso por un posible incendio nunha vivenda en Oval (Rubiá). Ata alí desprazábanse de inmediato os efectivos de emerxencia: o Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal e a Garda Civil.
Unha vez alí comprobaban que a cheminea estaba atascada e que dela saía fume, polo que se procedía á súa limpeza. Tamén se procedía a retirar o combustible da cociña e arrefrirar. Ao final o aviso quedou só nun susto, pero pon de manifesto a importancia de ter precaución e manter limpas e en boas condicións as chemineas para evitar incendios.