CulturaCulturaÚltima hora

O documental “Saúde”, do valdeorrés Antón García, estrearase o 30 de decembro no Barco

Este traballo está producido por Guti González Alonso e proxectarase ás 19h. no Teatro Lauro Olmo

 

A realidade do sistema de saúde en Valdeorras, co foco no hospital do Barco, pero tamén en Galicia e noutros puntos de España como Madrid e mesmo do mundo, como os Estados Unidos. Nesta temática pon o foco o documental “Saúde”, do valdeorreés Antón García Gonçalves, que se estreará o vindeiro 30 de decembro ás 19h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Este traballo, producido polo tamén valdeorrés Guti González Alonso, inclúe numerosos testemuños, case unha vintena, entre os que figuran profesionais da medicina, políticos e mesmo representantes sindicais. Ademais inclúe recreacións de determinadas situacións nas que se conta cun elenco de actores.

Tras esta estrea, a intención do director é realizar proxección en diferentes puntos de Galicia, pero tamén mover este traballo audiovisual por diversos festivais.

 

Back to top button