DeportesÚltima hora

Mateo Valcarce e Paula Cela (Adas), campións Sub16 no Circuíto Galego de Marcha Atlética 2025

Ademais o Adas Cupa do Barco lograba o terceiro posto por clubs nesta competición

 

Salientable actuación dos atletas do Adas Cupa do Barco no II Trofeo de Marcha en Ruta Concello de Ames, que se celebraba na mañá deste 28 de decembro., que poñía fin ao Circuíto Galego de Marcha Atlética 2025. En categoría Sub16 nos 3 km, Mateo Valcarce  Fernández ganaba cun rexistro de 00:14:02 e Paula Cela era segunda cunha marca de 00:15:18.

 

 

Tamén destacados eran os resultados de Antía Guntiñas nos 2 km marcha Sub12, cunha cuarta posición e un tempo de 12:58. Cuarto era tamén Daniel Bermúdez en 1 km Sub10, mentres que Inés Cela entraba en quinta posición nesa mesma carreira.

Esta cita de Ames completaba circuíto galego de marcha do 2025, no que, tras un calendario con cinco competicións, Mateo Valcarce convertíase en campión masculino Sub16 (ao sumar nas diferentes probas 50 puntos) e Paula Cela en campioa Sub16 feminina (con 58 puntos).

Ademais Antía Guntiñas era terceira en Sub12, con 41 puntos, e Daniel Bermúdez campión Sub10 con e Mario Pais terceiro.

Finalmente, o Adas Cupa do Barco lograba o terceiro posto por clubs neste circuíto, con 270 puntos, nunha clasificación dominaba pola Atlética Lucense e na que o Ames Atletismo é segundo.

 

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button