ConcellosQuirogaÚltima hora

Mariia, unha muller ucraína, protagonista do último Faladoiro do ano en Quiroga

Este Nadal chega unha nova cita co Faladoiro no Centro Social de Quiroga. Esta nova xuntanza trae como protagonista a unha persoa, exemplo de superación e adaptación, Mariia.

Mariia chegou a Quiroga en marzo de 2022, poucos días despois do comezo da guerra en Ucraína. Pouco a pouco foise adaptando aos nosos costumes, ao noso clima e a nosa lingua sen moitas dificultades grazas aos seu empeño. Traballou como coidadora e limpadora e agora está empregada na Residencia de Maiores de San Clodio. O seu reto é exercer de psicóloga, a súa profesión, cando poida convalidar o título. Aínda que o seu soño para ser feliz é que o seu único irmán poida vir a España pero non é posible porque os homes non poden sair do pais.

O Faladoiro que se desenvolve habitualmente o derradeiro mércores de cada mes, adiántase nesta ocasión ao martes 30 de decembro ás seis e media da tarde.

Esta actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá, nesta ocasión conxuntamente co Centro de Información á Muller, estará moderada polo concelleiro de Servizos Sociais e Participación Cidadá, Xosé Manuel; e pola concelleira de Educación, Infancia, Igualdade e Comunicación, Mayte Pérez Grao.

 

 

 

O Faladorio é “un espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá”, segundo os seus promotores, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

Neste ano que remata foron moitas as persoas que quixeron compartir un anaco das súas experiencias e situacións vividas na súa vida. Hermitas García Quiroga, hematóloga e veciña de Quiroga reuníu a un gran número de veciños a quenes lles falou sobre o “accidente cerebro vascular” máis coñecido como ictus. Teresa Taboada, resposable de “Espazo Sacro” onde imparte clases de ioga e outros métodos de sanación mental.

Aida Marcos, veciña de Bustelo de Fisteus, foi outra das protagonistas destes faladoiros, quen tras máis de vinte anos fora da súa terra volta a súas orixes como muller emprendedora. María Lillo, esta Psicóloga, é a encargada de impartir as clases de memoria, a través da entidade Afamon, desde fai moitos anos.
Rubén Gutiérrez,un enxeñeiro agrícola madrileño especializado en olivicultura asentado nas Covas, pero tamén un cantautor baixo o nome “Peitoescuro”, tamén protagonizou as conversas deste espazo. E no pasado mes de novembro os protagonistas deste Faladoiro foron a parella de mozos, Laura e Jeyco de ‘Terriña Salvaxe’,quenes contaron as súas experiencias de vida, baixo o lema “Quiroga, terra de acollida.

Back to top button