ConcellosO BarcoÚltima hora

O Cuponazo da ONCE deixa no Barco de Valdeorras un premio de 40.000 euros

 

O Cuponazo da ONCE deixaba no Barco de Valdeorras un premio de 40.000 euros, co sorteo do venres, 26 de decembro. Samuel Martínez Romay é o vendedor da ONCE que comercializou o cupón premiado con 40.000 euros desde o seu quiosco, situado na rúa Marcelino Suárez, número 23 do Barco de Valdeorras.

 

 

Esta é a segunda vez que este vendedor reparte sorte cun premio importante na vila. “A outra foi hai xa moitos anos, daquela era en pesetas, en 1994, e axudara a moita xente ese premio”, lembra, “por iso faime especial ilusión que desta vez tamén caíse outro premio aquí”, comenta.

 

 

O Cuponazo da ONCE ofrece todos os venres, por tres euros, un premio ás cinco cifras e serie de 6 millóns de euros e 134 premios de 40.000 euros ás 5 cifras do número premiado. Co novo modelo de “polos lados podes ser gañador” reparte tamén premios de entre 500 euros e o reintegro de tres euros.

Fotos: A.R.

 

Back to top button