Neste mércores, véspera de ano novo, o centro da vila do Barco rexistraba un intenso tráfico. Especialmente concorridos estaban os tramos da avenida Conde Fenosa e das rúas Eulogio Fernández e Marcelino Suárez, onde a Policía Local regulaba a circulación para facilitar e axilizar o tránsito de vehículos e tamén o cruce dos peóns nos pasos de cebra.
Fotos: O SIL.