
O chocolate con churros pode considerarse xa unha tradición na madrugada ou mañá do ano novo. E así podía comprobarse na Churrería A General, situada no centro do Barco. Dende ás 6h. comezaba a servir un delicioso e quentiño chocolate con churros e mesmo ás once e media seguía rexistrando considerables colas.
Fotos: Carlos G. Hervella.
