
Inés Docampo volvía a correr coa camiseta do Adas Cupa do Barco, tras unha tempada fóra del, e reincoporábase ademais competindo en Valdeorras e cun terceiro posto en sénior. Era unha das atletas que tomaban a saída no Campionato galego de campo a través individual e por clubs que se desenvolvía esta mañá no circuíto rues do Aguillón.
Esta corredora era a cuarta na clasificación xeral, pero a terceira na súa categoría, a senior, tras completar a competición cun tempo de 29:01.
Ademais era a mellor clasificada do conxunto feminino absoluto do Adas nesta proba, que rozaba ao podio ao conseguir unha cuarta posición por equipos. Del tamén formaban parte Esther Rodríguez, Sara López e Loreto Pacho.
Nese podio de clubs impoñíase o Comesaña Sporting Club, mentres que o S.G. Pontevedra proclamábase subcampión e o Ourense Atletismo quedaba terceiro. Nove equipos enfrontábanse na cita.
Fotos: Mónica G. Bellver.
