Cun carro especialmente engalanado para a ocasión e acompañados pola música, os integrantes da comitiva da antiga Festa de Reis de Cádavos (A Mezquita) iniciaban a súa ronda pola localidade para recoller os aguinaldos. Facían a mesma ruta que na tarde de onte, 3 de xaneiro, cando cantaban, casa por casa o seu canto tradicional de Reis. Logo compartían unha cea.

O grupo ía encabezado polas dúas autoridades da festa, o Rei, nesta ocasión Paquito, e a Raíña, María Rosa. Saudaban a cada un dos veciños nos seus domicilios e estes entregábanlles doces, bebidas, ovos ou outro tipo de produtos, e mesmo diñeiro, destinado a unha serie de banquetes colectivos (comidas e ceas), que se prolongarán durante varios días na Casa do Pobo.
O primeiro deses xantares tiña lugar neste mediodía.
Fotos cedidas.


