Circular e aparcar esta mañá no Barco, principalmente no centro, está resultando bastante complicado nesta mañá de véspera do día Reis. Numerosas persoas estanse a mover pola vila realizando compras e tamén é moito o tráfico de vehículos que se rexistra, polo que a Policía Local está a regulalo en puntos como a confluencia das rúas Eulogio Fernández con Marcelino Suárez e a Estación, para tratar de axilizar a circulación.
Fotos: O SIL.