Despois dun amplo percorrido polas aldeas do municipio na xornada do 3 de xaneiro, dous días despois, na tarde deste luns, as súas Maxestades de Oriente volvía a Viana do Bolo. Chegaban ás 17:30h. á estación de autobuses da vila e, dende alí facíase unha cabalgata ata a praza Maior para saudar, un por un, aos nenos e nenos deste concello.

Gaspar, Melchor e Baltasar, xunto aos seus paxes, escoitaban aos cativos e, ademais como anticipo da visita á súas casas nesta noite, tamén lle entregaban un agasallo e caramelos.

Para os asistentes servíase unha chocolatada. Esta visita real estaba organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Bibei e polo Concello de Viana do Bolo. Tamén se contaba coa colaboración de Protección Civil de Viana do Bolo e da Policía Local.
Fotos: Carlos G. Hervella.

