En tractor percorrían esta tarde San Xoán de Río os tres Reis Magos para alegría de nenos e maiores. Contra ás 16h. achegábanse ata a Casita Azul e despois percorrían o municipio. Reuníanse cos máis pequenos aos que saudaban e escoitaban.
Esta era “unha chegada máxica e única, que tamén é un guiño a todos os que traballan cada día no noso campo”, dicían dende o Concello de San Xoán de Río.
Fotos cedidas.
