CulturaCulturaÚltima hora

A cabalgata de Reis en Manzaneda remata con chocolate con churros

 

Dende o colexio de Manzaneda saía arredor das 18:30h. deste 5 de xaneiro a cabalgata de Reis. Despois dun percorrido pola vila, no que se contaba coa colaboración de Protección Civil de Manzaneda, as súas Maxestades de Oriente, xunto aos nenos e aos seus pais, mais ou avós, dirixíanse cara o Centro de Día, onde Melchor, Gaspar e Baltasar entregaban agasallos e os asistentes desfrutaban dunha chocolatada con churros.

Fotos: José María Valladares.

 

 

Back to top button