OurenseÚltima hora

Os Reis Magos visitaban o xeriátrico Luces do Sil de Parada de Sil e despois reuníanse cos nenos

 

Os Reis Magos de Oriente chegaban a Parada de Sil neste 5 de xaneiro. Primeiro achegábanse ao Xeriátrico Luces do Sil, onde conversaban cos seus usuarios saudalos e para entregarlles agasallos.

Despois de repor forzas, trasladábanse ata o Concello de Parada de Sil, onde os agardaban os cativos, xunto cos seus pais e nais. Estas instalacións municipais decorábanse para a ocasión. Melchor, Gaspar e Baltasar entregábanlle agasallos e despois os asistentes desfrutaban dunha chocolatada acompañada de diversos doces.

Fotos cedidas.

 

Back to top button