Ano novo, imaxe nova. Así comezaban este 2026 na Adega Santa Marta en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), embotellando o Viñaredo Godello 2025 con nova imaxe, máis fresca e luminosa, cunha etiqueta que xoga co branco, o verde e o dourado.

Segundo a nota de cata, este godello é “de cor amarela pajizo con tonalidades verdosas, mostra un aroma límpio e afrutado onde destaca a mazá entre aromas a pomelo, piña e flor de tilo, en boca móstrase equilibrado, fresco e untuoso cunha notable saborosidade e persistencia”.

O Viñaredo Godello da colleita 2025 que sae ao mercado neste mes de xaneiro, está elaborado con uva godello 100% dos viñedos propios e viñedos controlados a viticultores da mesma zona de Valdeorras que Santa Marta ten nas ladeiras a unha altitude entre 400-600 metros.

A media das cepas das que procede, seguindo unha tradición familiar dende 1998, é de 25 anos, cultivadas en espaldera e cordón e a vendima manual, no momento óptimo de maduración (setembro de 2025).


Fotos cedidas.