
Cada vez máis madrugadores. As 1.150 entradas que o Concello do Barco ten para esta edición da Festa do Botelo que se celebrará o sábado 17 de xaneiro, poranse á venda mañá a partir das 9 horas no Teatro Lauro Olmo, pero a ‘Botelomanía’ segue máis viva que nunca e a xente vai cada ano máis cedo para facer cola e non quedar sen a súa.
O ano pasado houbo xente dende a as dez da noite e este son aínda máis madrugadores. Dende as 19:30 horas estaban estes tres veciños na entrada do teatro que de madrugada abrirá as portas e proxectará algún filme para facer máis levadeira a espera.
Foto cedida.