Non importa o frío nin o prezo. Un ano máis a Festa do Botelo do Barco que se celebrará o vindeiro 17 de xaneiro colgaba o cartel de “entradas esgotadas” apenas unha hora despois de poñerse á venda.
Para conseguilas, a xente madrugaba máis que nunca para coller número. Os primeiros chegaban ao Teatro Lauro Olmo ás 19:30 horas do venres aos que pouco a pouco se ían sumando persoas, ata as 0:40 horas da madrugada do sábado nas que xa había 70 co cal, arredor da 1:10 horas abrían as portas do teatro para comezar a dar os números pouco despois.
E na mañá deste sábado 10 de xaneiro, a venda comezaba ás 9 horas e remataba arredor das 10. Finalmente foron 1.150 entradas vendidas, 50 grupos (a maioría levaba o máximo, 10 entradas, cada un) e 128 números expedidos.
Fotos: Mónica G. Bellver.