
Logo dunha exitosa e inesquecible primeira edición que levou aos 160 ciclistas inscritos por un espectacular percorrido, maioritariamente por pistas forestais, pasando por puntos como As Eiras, as Terras Negras, Reboledo, o Rego das Forcadiñas ou o Alto do Boi, a Quiroga Bike Marathon volverá neste 2026 polo corazón do Xeoparque Montañas do Courel.
Será o 19 de setembro e dende a organización están xa traballando nunha nova aventura épica “porque isto acaba de empezar”, aseguran dende a organización, adiantando que “moi pronto compartiremos toda a información sobre percorridos, inscricións e novidades a través das redes sociais.