ConcellosÚltima horaVilamartín

A VIII Festa das Sopas de Allo e o desfile de folións dos Viticultores serán o 7 de febreiro en Vilamartín

Folión Os Viticultores por Vilamartín. / Foto: Mónica G. Bellver.

 

Coas datas centrais do Entroido á volta da esquina comezan as visitas, intercambios, encontros e desfiles de folións por toda a xeografía ourensá.

En Vilamartín de Valdeorras, os Viticultores celebrarán o seu o sábado 7 de febreiro. Comezará ás 11:30 horas, un ano máis dende a praza Xosé Luis Núñez, co pregón rumbo á Rodeleira e contará coa asistencia do folión anfitrión e dez convidados: Carracedo da Serra, O Tameirón, Petín, Fiadeiro de Trives, Chandrexa de Queixa, O Can de San Roque de Vilardevós, As Tablillas Valdín-Porto, Sobrado, O Irrio de Castro Caldelas e A Caniceira de Trives.

 

 

Ao remate do desfile, arredor das 14:30 horas comezará a VII Festa das Sopas de Allo no pavillón municipal con aperitivos, empanada, sopas de allo, orella/ morro á galega, chourizos cocidos con patacas cocidas, bica, café, licores e bebida. Con cada entrada cunca de barro de agasallo e participación no concurso cun lote de produtos da matanza. Haberá servizo de mesa con cadeiras e ao remate do xantar actuación dun Dj.

As entradas (excepto folións que o farán de balde) están á venda ata o 30 de xaneiro en Peluquería Duar e Cafetería Acuarela (Vilamartín) e en Modas Rosendo(O Barco) a 20 euros (menores de 5 anos gratis, sen asento).

Back to top button