CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os do Venres, Foliada de Bosende e Os Ministreles, nos Cantos de Taberna da XXIV Festa do Botelo do Barco

 

Cantos de Taberna da Festa do Botelo do Barco o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O musical é un apartado moi importante da Festa do Botelo do Barco e esta XXIV edición non é unha excepción. A actuación do Orfeón Valdeorrés no Teatro Lauro Olmo marcaba o inicio do programa cultural e o concerto de Magín Blanco porá o broche no mesmo escenario.

E xusto no medio, o Día do Botelo, sábado 17 de xaneiro, tres grupos amenizarán, de 19 a 22:30 horas, a Foliada e Cantos de Taberna por oito establecementos hostaleiros da vila: Foliada de Bosende, Os do Venres e Os Ministreles.

 

Back to top button