Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense cumpren 28 anos coa primeira saída do 2026. Coa campaña O Mar empeza Aquí recollían cabichas na praza da Comisaría e na rúa Celso Emilio Ferreiro Poeta.
“Despois hábitos de vida saudable na Casa da Xuventude con brilé e como novidade unhas partidas ao futbolín e ao tenis de mesa”, explica o profesor Gonzalo Sánchez, adiantando que o xoves 15 de xaneiro ás 16 horas teñen programada unha actividade de apicultura no Colexio Plurilingüe Divina Pastora.



Fotos cedidas.