ConcellosO BarcoÚltima hora

Un cortocircuíto na fachada dunha vivenda na Proba (O Barco) mobiliza aos servizos de emerxencia

 

Na tarde deste mércores 14 de xaneiro o aviso dun incendio urbano na localidade barquense da Proba mobilizaba aos servizos de emerxencia.

O suceso producíase pasadas as 19:30 horas na fachada dunha vivenda situada no Camiño da Igrexa, preto da estrada de Veigamuíños, onde ardían uns cables debido a un cortocircuíto. Ata preto do lugar dos feitos desprazábanse os bombeiros do parque comarcal, a Policía Local do Barco, o GES Valdeorras e a Garda Civil.

Pola súa banda, os veciños agardaban a chegada do técnico cun descontento xeralizado polo retardo co que avanzan as obras que se están a levar a cabo na aldea, dificultando o acceso aos vehículos de emerxencia como foi o caso de hoxe. Demandan que as obras rematen canto antes.

 

Back to top button