CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cinco DJ para celebrar o ‘Botelo Fest 2.0’ no Skandalo do Barco

 

Os locais de hostaría do Barco de Valdeorras preparan as súas propias programacións para continuar pola tarde e noite coa Festa do Botelo que terá lugar o sábado 17 de xaneiro.

No cado do Skandalo quere revivir o gran ambiente do pasado ano e para ir quentando motores, o venres 16 o local ofrecerá saborosos pinchos e a mellor música para goce da súa clientela. Un aperitivo para o gran día.

Para esa data tan sinalada, Skandalo convida a todo o mundo a revivir un espectacular ‘Botelo Fest’ cun gran ambiente e música moi ben tirada da man de recoñecidos DJ. Por iso, anuncia o evento na súa cartelería como ‘Botelo FEST 2.0’. “O ano pasado creamos un gran ambiente co evento e este imos repetir o título e a fórmula esperando que a nosa clientela e visitantes que veñan ao Barco esta fin de semana o pasen en grande”, explica Javier Ferrer, xerente do local.

Dende as 17:30 horas e ata o peche do local, haberá unha sesión musical na que soará a mellor música de antes e de agora da man de cinco DJ: Karayan, Dani Argü, D19, Hatory e Karmen Vázquez. “Ao ser un día excepcional, ademais da barra principal habilitarase outra para dar un servizo rápido á clientela”, din dende a xerencia, lembrando que “o esforzo en traer DJ e reforzar camareiros/as faise para mellorar a atención á xente, esperando que todo o mundo o pase ben e tamén que teña algo de paciencia en ser atendidos se fose o caso”.

 

Back to top button