
Todo listo para o xantar oficial da XXIV Festa do Botelo do Barco que reunirá mañá, sábado 17 de xaneiro, a preto de 1.300 persoas no pavillón municipal de Calabagueiros.
A maquinaria para a elaboración do menú no exterior do propio pavillón leva días en marcha coa colocación das carpas na parte de atrás do edificio; e tamén no interior comezaron os labores para convertelo durante unhas horas nun gran restaurante.
Ademais, para que ninguén teña dúbidas de onde se ten que sentar, o Concello do Barco de Valdeorras vén de facer pública a distribución das mesas, indicando o nome de grupo que reservou as prazas así como o número de comensais por cada un.