CulturaCulturaÚltima hora

Nace un novo club de lectura na Rúa, na librería ‘Mi mamá me mima’

Libería ‘Mi mamá me mima’, na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Os amantes da lectura están de noraboa. Vén de crearse un novo club que servirá de punto de encontro na Rúa, na librería ‘Mi mamá me mima’.

Coordinado pola responsable da librería Bego Bellet e a deseñadora gráfica Verónica Vieira, organizarán reunións os mércores alternos ás 20 horas. A primeira será o 4 de febreiro.

Trátase dunha actividade gratuíta para a que unicamente se precisan “ganas de pasar un agradable rato entre libros”, din as promotoras, indicando que as inscricións poden facerse directamente na tenda (rúa Velázquez Nº 10).

 

 

 

Back to top button