CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Perro Futuro compartirá escenario con Wilson’s Band e Seika, o 24 de xaneiro no Skandalo, no Barco

 

O vindeiro sábado 24 de xaneiro celebrarase no Skandalo do Barco un concerto con tres bandas de rock: Wilson’s Band de Ponteareas, Seika do Barco de Valdeorras e Perro Futuro a cabalo entre Galicia e O Bierzo.

Este último formábase a comezos de 2024 con Diego Amigo (baixo e voz), Xoan Otero (guitarra e coros) e Suso Valcárcel (batería), tres amigos cunha dilatada experiencia como instrumentistas, produtores, músicos de sesión e de directo para outros grupos (como é o caso de Suso Valcárcel). Os tres síntense cómodos dentro do entorno creativo polo que eles mesmos graban, editan e mesturan os temas.

Temas como Rey María, Puro Cristal, La Faraona ou Lorenzo en llamas que tan ben están funcionando nos seus directos e que tamén se poderán escoitar no Barco onde a banda iniciará unha xira que nos vindeiros meses levaraos ata Ribeira, Redondela, Ourense, Melide, Ponferrada, Carneros (Astorga), Ameyugo (Burgos) ou Mos entre outros escenarios.

 

 

Back to top button