
No marco da presentación da programación do Entrudio 2026 de Viana do Bolo, tamén se daba a coñecer a 54º edición da Festa da Androlla, que terá lugar nesta vila o 15 de febreiro ás 15h. O menú deste multitudinario xantar inclúe un entrante de consomé con picatostes, seguido de androlla, lacón, chourizo con cachelos e grelos e, deseguido, cordeiro asado (pratos acompañados de viño e auga).
A sobremesa inclúe bica, café e queimada. A entrada terá un prezo de 30 euros, o mesmo que o pasado ano.
