
Dende a Subdelegación do Goberno en Ourense vén de comunicarse que quedará prohibida a circulación de camións desde o día 23 de xaneiro ata novo aviso en toda a A-52 en Ourense (desde Rionegro Puente, Zamora, ata Ponteareas), N-541 desde Barbantes (OU) a Cerdedo (PO), AP-53 desde Santiago a Dozón e AG53 desde Ourense a Dozón, N-525 completa e a N-120 desde Burgos a Ponteareas (o que afecta tamén a toda a provincia de Ourense)”.
Así, a Delgacion do Goberno en Galicia tamén informa de que debido “á previsión de episodios de neve de especial intensidade entre os días 23 e 25 de xaneiro de 2026, a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) aprobou unha resolución pola que se establecen restricións temporais á circulación en determinadas vías, co obxectivo de garantir a seguridade viaria e facilitar a circulación dos vehículos de emerxencia”.
Estas medidas extraordinarias adóptanse debido ao grave risco derivado da acumulación, extensión e persistencia das nevaradas previstas, que poden afectar de maneira significativa á mobilidade. Neste senso, “recoméndase á cidadanía evitar desprazamentos innecesarios, extremar a precaución e consultar as fontes oficiais antes de realizar calquera viaxe”.
No caso do noroeste e no sur da provincia de Ourense a previsión (cunha probalidade entre o 40 e o 70%) é de acumulacións de neve en 24 horas de centímetros por riba dos 600 m e unha cota de neve baixando de 700-800 m ata os 400-500 m ao final do día con probabilidade de ventiscas.
Ademais, na montaña de Ourense a previsión é dunha acumulación de neve en 24 horas de 20 cm e tamén se agardan acumulaciónss por riba dos 600 m e cota de neve baixando de 700-800 m ata os 400-500 m ao final do día.