
Na mañá deste venres 23 de xaneiro producíase un accidente de tráfico no concello do Bolo no que se via implicado un único vehículo.
A saída de vía, por causas que se descoñecen, producíase arredor das sete menos dez da mañá no PK 36 da OU 533 ao seu paso por Vilaseco e o vehículo quedaba encaixado na cuneta sen que se producise ningún ferido, tal como indican dende o 112 Galicia, informando de que ata o lugar acudía a Garda Civil de Tráfico e Servizo de Mantemento de Estradas.
