CulturaCulturaÚltima hora

Preestrea en Madrid da curtametraxe rodada no Barco, “Dopamina Zero”

Pase técnico de ‘Dopamina Zero’ no TLO do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na tarde deste luns 26 de xaneiro a curtametraxe dirixida por Rodrigo Marini e protagonizada por Juan José Ballesta, Veki Velilla e Cristina Mediero, Dopamina Zero, terá a súa preestrea en Madrid.

O evento, organizado por Richy Castellanos, xunto ás produtoras Claqueta Blanca, Black Fiction Producciones, The Other Side Films, productores e productores asociados, celebrarase ás 20 horas na Sala 1 do Palacio de la Prensa, e conta co apoio da Denominación de Orixe Valdeorras, ademais de Yantares Catering y Eventos, MMG Ibéricos e Carsegal, para “facer da de hoxe unha noite moi especial na que se celebra o lanzamento da curta, cuxa estrea está prevista para este ano”, indican dende o C.R.D.O. Valdeorras.

A curtametraxe de ficción, escrita e dirixida por Rodrigo Marini, está rodada integramente no Barco de Valdeorras, lugar onde creceu o seu director, e aborda a difícil realidade da enfermidade do Párkinson de inicio temperán, inspirado na historia real do músico Patricio Barandiarán. O traballo mostra o impacto desta enfermidade dexenerativa, a búsqueda de visibilidade, amor e resistencia na vida dun xove artista.

 

Back to top button