
Todo listo para a XVII Festa do Codillo da Rúa que se celebrará o vindeiro sábado 31 de xaneiro.
A conta atrás comezaba o pasado domingo 25 de xaneiro coa venda de 1.100 entradas e o programa festivo arrincará xa o venres día 30 coa III edición dos Cantos de Taberna do Codillo que, de 19:30 a 23:30 horas levarán a música por unha decena de locais de hostalaría.
Nesta ocasión os grupos que participan son: Abertal (A Rúa), Trikitixa (Muskiz-Biscaia), O Recanto (Quiroga), Ministreles (Monforte), Macizas Centrais (Trives), As Travesas (A Mezquita) e Os Parrandas (Córgomo) que se distribuirá polos locais (O Pillabán, Bar Paco, Lareira, Bar Galicia, Bar Norte, Esonditte Inglés, Sport’s, O Retorno, O 4, Valhalla, Stop e O Café).
E xa o sábado será o Día do Codillo. O acto oficial será no Centro Cultural Avenida a partir das 12 horas co encontro coa delegación de Almendralejo (Estemadura), concello irmandado coa Rúa e a homenaxe á Panadería Tabal. O xantar comezará a partir das 14 horas no pavillón municipal cun menú que inclúe consomé con picatostes, codillo acompañado de grelos, chourizos e cachelos, sorbete de limón, bica ‘La Torta’, viños da D.O. Valdeorras, café e licores.
