CulturaCulturaÚltima hora

A xuntanza de folións organizada polos Arrieiros en Petín, renderá homenaxe a Luis Alves

Será o sábado 31 de xaneiro e contará con seis folións convidados

Folión Os Arrieiros na xuntanza do ano pasado en Petín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Malia as inclemencias meteorolóxicas (primeiro neve e agora chuvia) que obrigaban a suspender varios encontros, Petín vai quentando motores para o Entroido 2026 que vivirá a semana grande do 8 ao 18 de febreiro.

Así, o sábado 31 de xaneiro terá lugar a xuntanza de folións organizada pola Asociación Arrieiros de Petín. Será a partir das catro e meida da tarde e contará con seis folións convidados e unha homenaxe moi especial a un dos seus membros, Luis Alves, falecido hai uns meses nun fatídico accidente laboral.

Algúns clásicos non poderán estar, como o Folión de Buxán, o do Tameirón ou A Caniceira de Trives, pero non faltarán á cita Os Labregos de Trives, Chandrexa, O Irrio de Castro Caldelas, O Fiadeiro e Sobrado de Trives e As Tablillas de Valdín-Porto. Os Arrieiros de Petín, os anfitrións, tamén desfilarán polas rúas do pobo, coas súas máscaras.

 

 

Back to top button