
Este venres 30 de xaneiro ás 18 horas celebraranse as eleccións do novo presidente provincial en Ourense da Federación Galega de Caza ás que concorren dous candidatos: o actual, Antonio García Reinoso e o valdeorrés Vicente Lameiro Alonso, da Veiga.
A asemblea das votacións celebrarase no Estadio de O Couto conforme ao seguinte programa:
1º. Constitución da mesa electoral.
2º. Presentación polos candidatos/as dos seus programas electorais.
3º. Reconto de asembleístas.
4º. Votacións.
4º. Exposición de resultados.