OurenseÚltima hora

O Concello de Parada de Sil entrega as primeiras tarxetas benvida

Cedida.

O Concello de Parada de Sil vén de por en marcha a tarxeta de benvida  para nenos e nenas nados no concello e empadroados no mesmo,  motivada por unha moción aprobada no pleno do mes de maio de 2025, proposta do grupo municipal socialista.

Nesta moción, que saía adiante unicamente cos votos do Partido Socialista e a abstención do concelleiro do PP e do BNG, plántexase unha axuda de 500 euros cada ano durante  os anos 2025,2026 e 2027, con carácter universal. Para poder acceder a esta deben levar un ano empadroados no concello un ano antes os proxenitores ou proxenitor/a e permanecer cinco anos despois . Así mesmo esta axuda é compatible con outras

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, facía entrega o 29 de xaneiro das tres primeiras tarxetas, quedando pendentes outras dúas, dado que no mes de decembro de 2025 naceron en Parada de Sil cinco nenos,dos que tres ademais de estar empadroados,  os proxenitores viven e traballan en Parada de Sil.

Para o concello, segundo manifesta o alcalde, este feito “é unha ledicia” e anima á cidadanía a empadroarse e a vivir en Parada de Sil que, “á parte de estar nun medio natural coidado e fermoso conta cos servizos necesarios como médico, farmacia, centro de lecer de nenos para conciliar a vida familiar e laboral , entre outros”.

Back to top button