OurenseÚltima hora

O valdeorrés Vicente Lameiro, novo presidente provincial da Federación Galega de Caza

 

A Federación Galega de Caza en Ourense conta xa con novo presidente. A asemblea electoral estaba  prevista para esta tarde no Estadio do Couto contando con dúas candidaturas: Antonio García Reinoso do Irixo, presidente provincial dende o ano 2013 e o valdeorrés Vicente Lameiro Alonso, da Veiga. Finalmente Antonio retiraba a súa candidatura polo que a asemblea era suspendida, sendo Vicente proclamado pola xunta electoral como novo presidente.

Agora, tal como explican dende a Federación Galega, terá que ser nomeado polo FGC, “unha vez que se revise que todo esté en orde e que cumpra con todos os requisitos e unha vez que se acredite, nomearase”, previsiblemente na vindeira semana.

 

 

Máis información na vindeira edición de O SIL Deportivo.

Fotos cedidas.

Back to top button