
Nesta mañá vén de coñecerse o falecemento de de Francisco García Suárez, quen fora alcalde de Allariz baixo as siglas do BNG entre os anos 2000 e 2018, ademais de concelleiro anteriormente. Natural desta localidade, onde nacía en 1957, estaba diplomado en Maxisterio foi secretario-interventor no Concello da Mezquita, pero tamén nalgún outro.
“Queda no noso recordo todo o traballo e servizo exemplar á comunidade. Ata sempre Paco!!”, destacaba a través das redes sociais o Concello de Allariz, manifestando o seu fondo pesar pola súa perda. Ademais dende o Concello anunciábase que o seu velorio terá lugar no Tanatorio de Allariz hoxe, en horario de 16:30 a 20:30 horas, e mañá domingo de 10:00 a 14:00 horas. Mañá Domingo ás 17:00 horas na Praza do Concello de Allariz celebrarase un acto de despedida.