
A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e 15 de marzo xa ten embaixador. Esta figura recae este ano nun dos grandes cociñeiros galegos, Javier Olleros, Chef do restaurante Culler de Pau en O Grove. Javier Olleros practica una cociña de proximidade, pero de forma natural, con produtos do entorno e influencias do mundo.
O Chef deste restaurante con dúas estrelas Michelin é ademais un gran investigador que colabora con outros produtores e organismos como o CSIC.
O embaixador do aceite de Quiroga é unha figura que se creou na pasada edición da Mostra do Aceite, recaendo esta primeira distinción no Chef Kike Piñeiro, do restaurante A Horta do Obradoiro en Santiago Compostela. A Kike Piñeiro súmase agora Javier Olleros como embaixador do AOVE quirogués.