CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Concello do Barco organiza unha viaxe a Madrid para ver o último musical de Christian Escuredo

 

A Concellería de Cultura do Concello do Barco organiza viaxe a Madrid para asistir, no Teatro Calderón, a obra “Houdini, un musical mágico”, no que o barquense Christian Escuredo ten un papel destacado.

O espectáculo estreouse a finais do ano pasado, e combina números de maxia de gran formato coa historia persoal do ilusionista Harry Houdini. A produción está dirixida por Federico Bellone.

No elenco principal destacan Pablo Puyol como Harry Houdini, Julia Möller no papel de Bess Houdini e Christian Escuredo como Theo, irmán de Houdini. Escuredo é polo tanto unha parte fundamental do elenco. O actor barquense conta cunha traxectoria consolidada en musicais como “Priscilla, reina do deserto“, “33, o musical e “El Novio de España.

Na viaxe organizada pola concellaría inclúese o billete de autobús, a comida e a entrada ao musical. As prazas son limitadas

Back to top button