CulturaCulturaÚltima hora

Moi boa acollida do recén creado Club de Lectura ‘Mi mamá me mima’, na Rúa, con case 30 inscritos

Asistentes á primeira reunión do Club de Lectura ‘Mi mamá me mima’, na Rúa. /Foto cedida.

 

Proba superada con nota. Na tardiña do xoves 4 de febreiro arrincaba o Club de Lectura ‘Mi mamá me mima’, recentemente creado na Rúa, cunha gran acollida, xuntando a máis duha vintena de persoas coa lectura como nexo.

Trátase dunha actividade gratuíta para a que unicamente se precisan “ganas de pasar un agradable rato entre libros”, aseguraban as promotoras, a responsable da librería Bego Bellet e a deseñadora gráfica Verónica Vieira, con reunións que se celebrarán os mércores alternos ás 20:30 horas.

A primeira lectura arredor da novela de misterio La chica del lago de Mikel Santiago, coa que empezaron onte, estenderase ata o 1 de abril.

 

Back to top button