ConcellosO BarcoÚltima hora

Misa na honra a San Francisco Blanco en Outarelo (O Barco)

 

Cada 5 de febreiro celébrase a festividade de San Francisco Blanco na localidade barquense de Outarelo, acompañada normalmente da procesión e romaría aínda que este ano decidían retrasala para o sábado día 7 (feira en Fontei).

 

 

Por iso, e tamén pola persistente chuvia, os devotos que ían a pé ata a capela non podían facelo hoxe. Con todo iso e a pesar do tempo algúns subían dende O Pazo do Castro para asistir á misa da tarde pedindo a protección do Santo.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button