A tradición do Entroido mantense con forza en Parada de Sil. Como vén sendo habitual, o día central do Entroido en Parada de Sil será o Sábado de Entroido, 14 de febreiro, cun gran desfile, no que tamén acostuman participar os Anxeos de Caxide e que partirá ás 12h. da praza do Concello, no que se contará con animación musical. Despois, todos os participantes e as persoas que o desexen degustarán un cocido na Nave da Castaña ás 14:30h.
