
Como cada ano dende hai case vintecinco, o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras organiza as Xornadas de Empresa e Formación Profesional para o seu alumnado, cun completo e variado programa que mestura teoría con interesantes charlas e coloquios; e práctica con diferentes obradoiros.
A inauguración tiña lugar na mañá do luns 9 de febreiro a cargo da directora do instituto, Amparo Quiroga e coa presenza do alcalde do Barco Aurentino Alonso e do presidente de AEVA, Carlos Terán, e estenderanse ata o 20 de marzo.
Entre medias, haberá charlas online e presenciais (sobre o mundo laboral, dereito, domótica, normativa para infraestruturas de telecomunicacións, averías e reformas industriais, vitivinicultura, o futuro profesional,…); e tamén talleres (sobre hixiente postural, a busca de emprego no mundo dixital,…), e mesmo maridaxes.

