
Os participantes do programa de estimulación cognitiva “Fiando (a) memoria” en Éntoma organizan de novo actividades para o Entroido , que coma sempre terá lugar o próximo luns, 16 de febrero, a partir das 17,00 horas.
As actividades comezarán nas antigas escolas con unha fariñada, tradicional en Éntoma, e un desfile dos participantes polas rúas desta localidade, coas furracas como protagonistas. Despois celebrarase unha merenda. Todas as actividades están abertas á veciñanza.
“Fiando a memoria” é un programa posto en marcha pola concellaría de Servizos Sociais de O Barco en varias localidades del municipio e Éntoma é un dos lugares con máis participación. Precisamente en relación co Entroido, daranse a coñecer materiais específicos (fanzine e tendeiro), elaborados polos propios participantes no programa de estimulación, e que recollen a memoria en relación ao Entroido, con costumes perdidas, figuras, percorridos, personaxes, etc.