A RúaConcellosÚltima hora

O Equipo Roca da Garda Civil da Rúa detén a 2 persoas como presuntas autoras de máis de 40 delitos contra o patrimonio en Valdeorras

 

O Equipo Roca da Garda Civil da Rúa, no marco da operación ORILLADO II, vén de deter a dúas persoas como presuntos autores de máis de 40 delitos contra o patrimonio cometidos durante 2025 na comarca de Valdeorras (principalmente no interior de vehículos) e investigou a tres homes como presuntos autores dun delito de receptación.

“Destaca entre os delitos esclarecidos, pola súa relevancia, o roubo de 24 máquinas profesionais, propiedade dunha empresa de rozas da localidade do Barco, valoradas en máis de vinte mil euros, no que o autor do roubo, aproveitándose da situación do empresario, tratou ademais de estafarlle, ofrecéndolle información sobre o paradoiro dos efectos subtraídos a cambio dunha importante suma de diñeiro”, segundo indica a Garda Civil.

Back to top button