
O desfile do Martes de Entroido no Barco será o acto central dun programa que tamén inclúe unha festa infantil o luns 16 de febreiro no pavillón vello e o Enterro da Sardiña o Mércores de Cinsa (18 de febreiro) na praza Maior.
O desfile sairá á altura do hospital a partir das 17:30h. Nel está previsto que participen 21 comparsas, con case 700 persoas.