A RúaConcellosÚltima hora

Protección Civil da Rúa continúa cos traballos de retirada de árbores caídos na zona do Aguillón

 

Novo aviso mesma zona. Na tarde do sábado 21 de febreiro os voluntarios de Protección Civil da Rúa acudian á zona do Aguillón para retirar outra árbore caída no medio dun camiño cara a praia dos pescadores, cortando o paso.

Non é a primeira vez que realizan traballos deste tipo nesta zona recentemente inundada polas augas do río tralas intensas chuvias. De feito hai unha semana, o pasado día 14, retiraban outra árbore nunha senda próxima.

 

 

Fotos: PC A Rúa.

Back to top button