CulturaCulturaEntroido 2026Galerías de fotosÚltima horaVídeos

13 comparsas, 7 disfraces individuais e máis de 300 persoas, no concurso-desfile de Entroido en Quiroga

 

Estaba previsto para o domingo día 15 de febreiro, pero quedaba suspendido temporalmente debido ás condicións meteorolóxicas con previsión de choiva para ese día pola tarde. O concurso-desfile de Entroido de Quiroga quedaba así aprazado ata hoxe, domingo 22 de febreiro, seguindo o mesmo horario, percorrido e premios.

 

 

Así, arredor das cinco da tarde saía dende a rúa das Piscinas a comitiva na que participaban máis de 300 persoas en trece comparsas e sete disfraces individuais, acompañados pola charanga Europa ata a Casa Consistorial onde remataba cun baile de disfraces e un convite a chocolate con churros.

 

 

Participaban comparsas de Quiroga e do veciño Ribas de Sil pero tamén varias da comarca de Valdeorras, dende Rubiá ou Petín ata San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras).

 

 

Con respecto aos premios, para a modalidade de comparsa establecíase un primeiro premio de 600 euros, un segundo premio de 400 euros e un terceiro premio de 300 euros. 100 euros para o resto por participar; e para a modalidade de disfrace individual un único premio para o mellor dotado con 60 euros.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Back to top button