OurenseÚltima hora

Ingresa en prisión un condutor tras darse á fuga nun control da Gardia Civil na OU-0522

 

A Garda Civil detivo a un condutor en Ourense tras protagonizar unha perigosa fuxida ao intentar eludir un control de alcoholemia establecido por unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Ourense.

Tal como explican dende a propia Garda Civil, os feitos ocorreron a las 23:25 horas do venres 21 de novembro, cando os axentes deron o alto a un turismo cuxo condutor fixo caso omiso ás indicacións policiais e emprendeu la fuxida, chegando mesmo a poñer en perigo a integridade dun dos axentes, que tivo que apartarse para evitar ser atropelado. “Durante a fuga, o condutor realizou adiantamentos de elevado risco para os vehículos que circulaban en sentido contrario e efectuou un cambio de dirección antirregulamentario, incorporándose posteriormente á estrada OU-0522, entre os termos municipais de Ourense e Amoeiro. Tras iniciar o seguimento, os axentes localizaron o vehículo accidentado, despois de saírse da vía pola marxe esquerda e chocar contra o peche dunha vivenda”.

Unha vez realizadas as comprobacións oportunas, os axentes constataron que “sobre o condutor pesaban dúas sinalizacións xudiciais en vigor de procura, detención e ingreso en prisión, emitidos por órganos xudiciais de Ourense e Pontevedra”. De feito, no momento de proceder á súa detención “intentou novamente escapar á carreira, caendo ao chan e golpeándose na cara contra o muro dunha vivenda, sendo trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”, explican dende a Garda Civil, indicando que ao día seguinte, “tras ditarse o correspondente auto xudicial, ingresou no Centro Penal de Pereiro de Aguiar”.

Consecuencias legais

A Garda Civil instrúe dilixencias polos presuntos delitos de condución temeraria e condución baixo a influencia de drogas, “delitos que poden conlevar penas de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por un período dun a seis anos para o primeiro dos delitos e coa pena de prisión de tres a seis meses ou con la de multa de seis a doce meses ou con la de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, con la de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos, para o segundo deles”. Ademais, “deberá responder polos asuntos pendentes que evocaban as requisitorias xudiciais que tiña en vigor”.

 

Back to top button