PolíticaÚltima hora

A vianesa Natalia González, nova secretaria de Igualdade do PSdeG

Natalia González./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A ata agora secretaria de Política Social, Maiores e Dependencia do PSdeG, a vianesa Natalia González Beneitez, pasará a ocupar a partir de hoxe a secretaría de Igualdade do partido. O secretario xeral socialista, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou esta tarde á Comisión Executiva Nacional Galega, durante a súa sesión ordinaria de marzo, o nomeamento para o cargo, que permanecía vacante.

Pola súa banda, María Fernández Ojea, secretaria de Función Pública e Xustiza desde a celebración do 15.º Congreso Nacional, farase cargo das responsabilidades que ostentaba González Beneitez. Na reunión, Besteiro propuxo a Patricia Iglesias Rey para a secretaría de Administración Pública, Autogoberno, Xustiza e Asesoría Xurídica.

Tal como recollen os estatutos do PSdeG para o caso de incorporación de novos membros ao órgano de dirección, o nomeamento de Iglesias deberá ser ratificado polo Comité Nacional Galego na súa próxima reunión.

Back to top button