OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero un home ferido grave ao caer mentres reparaba un tellado, en Padrenda

 

Na tarde deste martes 3 de marzo producíase un accidente doméstico no lugar de Cela de Arriba, no municipio de Padrenda no que un home resultaba ferido grave ao caer mentres reparaba un tellado.

Segundo explican dende o 112 Galicia, tiñan constancia do suceso ás 17:50 horas, tras recibir o aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba da “caída dun home desde o tellado dunha construción e que precisaba asistencia sanitaria urxente”.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia informaban ao GES de Ribadavia e á Garda Civil, mentre que o persoal sanitario mobilizaba o helicóptero medicalizado con base en Ourense para prestar atención ao ferido.

Segundo indicaron os equipos de emerxencia desprazados ao punto, “o home estaba a realizar tarefas de reparación no tellado dun galpón cando a estrutura cedeu, o que provocou a súa caída”. Finalmente, o ferido era trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense “con prognóstico grave”, puntualizan dende o 112.

Back to top button